21/11/07

POEMAS VISUAIS

Empezamos unha nova andaina neste blog da biblioteca do IES de Sar, unha andaina que esperamos que nos leve a libros marabillosos, a países fantásticos, a sonos posibles e imposibles...
Para todas e todos vos que nos visitades, o equipo da BE dedícavos esta presentación en power point, que nos enviou unha brasileira... Olhade coisa linda

POEMAS VISUAIS

52441-ChemaMadoz.pps

24/5/07

Un novo número de Andaina



Fai uns días chegou á nosa biblioteca un novo número da revista galega de pensamento feminista Andaina , o número 46. Nel podemos ler interesantes artigos, como por exemplo un sobre o aumento do número de mulleres nas listas electorais que leva por título "Máis mulleres, pero...máis poder?", outro sobre muller e precariedade laboral ou un artigo sobre a toponimia urbana e as mulleres.








23/5/07

A ver quen ten máis imaxinación! Unha Táboa Periódica moi orixinal.


Mendeleweb é un proxecto que nace para conmemorar o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleiev, “o pai” da primeira Táboa Periódica dos elementos químicos.
A Casa das Ciencias de A Coruña propónnos elaborar unha moi orixinal Táboa Periódica. Entrade en Mendeleweb e comezade a xogar. Seguro que pasades un moi bo rato.
Ramón Cid (Departamento de Física e Química).